lunes, 13 de enero de 2014

A Lomce, lei de veleno educativo

A LOMCE , LEI DE VELENO EDUCATIVO
Señorías:

A Lei de Ordenanza da Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), é unha lei que según fontes do PP é necesaria para a mellora do sistema educativo . Cómo vai ser unha mellora da calidade educativa se plantexa un método de reválidas da España dos 40 e impón un modelo neoclasicista , ademais de ser unha  lei segregadora e clasista.

É unha lei antipedagóxica que presenta un modelo competitivo que non favorece en nada para que chegemos á igualdade. Ademais desprotexe a nosa lingua que, aprobaron en 1981 unha lei de normalización lingüística que a pasan polo chan. Nunha escola laica a relixión vai ser unha asignatura de gran peso .Isto é unha ditadura  total .
O director vai ter o poder absoluto sobre o centro educativo , sen consensuar coa comunidade educativa . Sigo mantendo que este modelo é dunha ditadura.

Os alumnos que teñen problemas , como os alumnos de PCPI (Programas de Cualificación Profesional Inicial) , con esta lei van ter que ir a unha especie de FP inicial , na que o seu obxectivo non é a que dí o Sr Wert , senón que esos alumnos van a acabar fóra do sistema educativo .

Por isto e por moitos motivos anímovos a moveros contra a LOMCE , que vos unades á protesta que queremos facer . Queremos enviar ao Tribunal Constitucional máis de 500.000 para que se pare a LOMCE.

É alucinante a actitude da Igrexa ( aunque eu sexa católico, non estou de acordo coa postura que está tendo) , porque queren que os colexios laicos e institutos públicos , teñan a relixión católica como asignatura obligatoria. Insisto é unha actitude dictatorial.

ANIMOVOS , O FUTURO DOS VOSOS/AS FILLOS/AS ESTÁ EN XOGO, POR ISO INVÍTOVOS A ASISTIR ÁS MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS PARA O 24 DE OUTUBRO


Por Iago Aballe Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario