lunes, 13 de enero de 2014

Os medios de comunicación e os seus efectos

Os medios de comunicación e os seus efectos Os medios de comunicación están completamente vendidos . Un exemplo claro é o de “ Canceliñas” . ¿Quen se cre iso de que saltouse dous controis da Garda Civil e que o pillaron dando un paseo pola praia de Cesantes? Iso todo é unha farsa da televisión e dos medios de comunicación en xeral . E daquí polo tanto , os efectos son clarísimos, un deles e o máis importante é que acotío nos cremos cousas que nos contan e que na maioría dos casos só o 20 % é verdade , é as súas consecuencia é que andemos todos amargados ou xa directamente empecemos a insultar. Por exemplo , a miúdo podemos ver ao noso arredor , bares coas noticias e a xente dicindo frases como isto é unha merda , eu sinto que non valo para nada… e isa é a reacción que tén esa xente ao crerse ese tipo de noticias ou cando está o Rajoy ou Aznar están facendo unha rolda de prensa e dín cousas como fillo de puta ou dí a verdade. Consello práctico : non ler o xornal, nin escoitar as noticias na radio , e ver pouco a televisión , como máximo unha hora.

Protestas no congreso

PROTESTAS NO CONGRESO
Onte víamos como un grupo de tres xóvenes berraban no Congreso cando o ministro Gallardón ( eu lle chamaría a ovella negra) falaba da reforma do aborto. Paréceme incrible que os cidadáns non nos poidamos facernos oír no Congreso e sobre todo ,  e que o Sr Posada se estexa a fixar cómo sacan as tres xóvenes do Congreso en vez de incluír a proposta destas xóvenes, que teñen toda a razón do mundo en ir ás Cortes a expresar a súa opinión. Por istes motivos pido públicamente que se deixe expresar á cidadanía a súa opinión dentro das sesións parlamentarias . Queremos facernos oír , non nos estades deixando medios . Queremos que nos escoitedes , que non fagades cousas sen consenso co pobo . Termino dicindo que si hai algunha detención máis por unha protesta no Congreso , ese detido serei eu, estarei detido si , pero estarei contento de haberlles dito o que lles tiña que dicir e sobre todo de haber defendido os meus intereses como cidadán que son.
¡¡¡ A LOITA CONTINÚA!!!

A Lomce, lei de veleno educativo

A LOMCE , LEI DE VELENO EDUCATIVO
Señorías:

A Lei de Ordenanza da Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), é unha lei que según fontes do PP é necesaria para a mellora do sistema educativo . Cómo vai ser unha mellora da calidade educativa se plantexa un método de reválidas da España dos 40 e impón un modelo neoclasicista , ademais de ser unha  lei segregadora e clasista.

É unha lei antipedagóxica que presenta un modelo competitivo que non favorece en nada para que chegemos á igualdade. Ademais desprotexe a nosa lingua que, aprobaron en 1981 unha lei de normalización lingüística que a pasan polo chan. Nunha escola laica a relixión vai ser unha asignatura de gran peso .Isto é unha ditadura  total .
O director vai ter o poder absoluto sobre o centro educativo , sen consensuar coa comunidade educativa . Sigo mantendo que este modelo é dunha ditadura.

Os alumnos que teñen problemas , como os alumnos de PCPI (Programas de Cualificación Profesional Inicial) , con esta lei van ter que ir a unha especie de FP inicial , na que o seu obxectivo non é a que dí o Sr Wert , senón que esos alumnos van a acabar fóra do sistema educativo .

Por isto e por moitos motivos anímovos a moveros contra a LOMCE , que vos unades á protesta que queremos facer . Queremos enviar ao Tribunal Constitucional máis de 500.000 para que se pare a LOMCE.

É alucinante a actitude da Igrexa ( aunque eu sexa católico, non estou de acordo coa postura que está tendo) , porque queren que os colexios laicos e institutos públicos , teñan a relixión católica como asignatura obligatoria. Insisto é unha actitude dictatorial.

ANIMOVOS , O FUTURO DOS VOSOS/AS FILLOS/AS ESTÁ EN XOGO, POR ISO INVÍTOVOS A ASISTIR ÁS MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS PARA O 24 DE OUTUBRO


Por Iago Aballe Iglesias